Volver

Pazo de Lourizán

Historicamente coñecido como Granxa da Serra, o Pazo de Lourizán conta con xardíns, invernadoiro, muíño, pombal, peche de fundición e canastro monumental.

O pazo de Lourizán é un verdadeiro palacio de enormes dimensións, elevado sobre unha gran terraza corrida, consta de planta baixa, primeiro andar, torreón e aproveitamento baixo a cuberta. Está realizado no estilo ecléctico propio desta metade do século XIX.

A leira é de grandes dimensións e conserva o arboredo máis importante da provincia de Pontevedra.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar