Volver

Pazo de García Flórez

Foi levantado a finais do século XVIII por Antonio García Estévez Fariña e mais a súa esposa Tomasa Suárez Flórez, aproveitando e respectando outro pazo anterior de menores proporcións.

Trátase dunha casa grande señorial urbana con pórtico de soportais de tres arcos sobre robustas columnas na súa fachada fronteira, de grandes proporcións. Ten tres portas de decoración circundante no primeiro andar e dúas no segundo, que dan a senllos balcóns, conta cun grandioso escudo helmado e dúas gárgolas nas esquinas do tellado. 

Roteiro Xoan Manuel Pintos

O paseo que se propón pola Pontevedra do século XIX farase a través dos textos de Xoán Manuel Pintos e comprende dez puntos significativos co obxectivo de presentar a figura deste persoeiro, pero tamén facer un repaso polos acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar