Volver

Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra

O Pazo da Deputación é obra do arquitecto Alejandro Sesmero, sendo construído entre 1883 e 1890. De estilo ecléctico oficial de fin do século XIX. A carón deste edificio sitúase a Alameda do Arquitecto Sesmero e aos seus lados e na parte posterior os xardíns de Vincenti.

Estamos diante dunha construción de dúas alturas formada por un corpo único coroado no seu eixe por un frontón triangular precedido por tres óculos. O conxunto aparece flanqueado por dúas pequenas torres laterais rematadas nun frontón circular. O seu elemento máis destacable é a profusa decoración que loce a súa fachada.

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar