Volver

Palacete de Méndez Núñez

O gran caserón dos Cruz e Montenegro, que hoxe está desvirtuado debido ás reformas que sufriu, foi contruído no século XV. Alí viviu o afamado contra-almirante Casto Méndez Núñez, que morreu en 1869 pouco despois da batalla de El Callao (Perú) na que participou.

A finais do século XIX, este edificio foi centro de importantes e concorridas tertulias de pensadores e escritores da época, como por exemplo Valle Inclán, xa que acollía a famosa Biblioteca dos Muruais.

A Pontevedra heterodoxa

Dende mediados do século XIX até 1936, varias xeracións de pontevedreses prenderon a luz do librepensamento, do laicismo, dos ideais de fraternidade e xustiza social. Sempre contracorrente, a memoria destes pontevedreses non sempre foi recoñecida pola Pontevedra oficial.

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar