Volver

O Paredón

Trátase dun acueduto popular, de perfil chan e planta curva, levantado en cachotería que posúe uns cen metros de longo aproximadamente.

Esta canalización salva un desnivel orográfico de máis de dous metros de altura, servindo á vez de muro de peche perimetral polo sur dunha das veigas que linda co camiño. O acueduto, que sufriu un grave derrubamento hai algúns anos no lugar no que acada a maior altura a causa das filtracións da auga que canaliza, forma parte do Catálogo de Elementos a Conservar do Concello de Pontevedra desde o ano 1997.

Foron os veciños os que acometeron a construción deste elemento con pedra do país procedente das canteiras da zona e máis con terróns. Cada ano reuníanse dous sábados antes de San Benito e máis o domingo seguinte para facer o mantemento do paredón. Levábanse cestos de terróns, que se repoñían todos os anos entre as xuntas para que a auga non se coara por elas. Tamén se repoñían os terróns dos caneiros que partían do murallón. Esta tarefa era desempeñada principalmente por mulleres.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar