Volver

Núcleo tradicional de Os Fontáns

Fermoso conxunto tradicional conformado por valiosa arquitectura substantiva (vivendas, muíños, cruceiros...) e adxectiva (hórreos, camiños, alpendres, cubertos, portadas monumentais...) disposto na cabeceira dun val fluvial de grande beleza.

O complexo cobra corpo de xeito agrupado, isto é a partir do que Fariña Tojo identificou como "aldea-núcleo", unha tipoloxía propia das parroquias en enxame que se diferencian das aldeas nucleares en nebulosa en que a importancia das súas entidades é inferior. Polo tanto, xa non serán lugares ou aldeas, senón barrios.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar