Volver

Necrópole de A Bouza

O cemiterio actual, situado por detrás do templo parroquial, foi ampliado no ano 1973. A necrópole romana que refire a presente ficha situaríase nesta zona de ampliación ou por detrás dela. Atópase nunha ladeira con caída cara o val do Lérez. Posible destrución parcial pola construción do cemiterio.

Escavación arqueolóxica
Existen referencias no Arquivo do Museo de Pontevedra e Carta Arqueológica da existencia dunha necrópole escavada pola Sociedade Arqueológica na Bouza. A súa localización é moi imprecisa, pero Filgueira Valverde sitúaa próxima á igrexa parroquial, polo que se cre que a súa ubicación fose o actual cemiterio, posiblemente a zona ampliada en 1973 e as súas inmediacións.

Ao parecer atopáronse abondosas tégulas e a escavación non foi exhaustiva, segundo lle relatou o propio Filgueira a Lastra Merino en 1988.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar