Volver

Muíño de Abaixo

A meirande parte dos cinco muíños que hoxe podemos ver neste lugar de Acevedo pertencen á modalidade de canle, dunha peza do mesmo nome que leva a auga ao rodicio.

A auga chega á canle procedente dunha presa que conduce a auga cara unha quenlla, realizada para desviar a auga do regueiro con destino ao muíño. Unha vez alí fai un quebro rápido que lle permite ao líquido coller velocidade, a fin de bater fortemente contra o rodicio.

No Catastro do Marqués da Ensenada só aparecen citados aquí dous muíños, ambos de maquía, que moían polo sistema de cubo.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar