Volver

Muíño das Carrizas

No que hoxe se coñece como Regueiro dos Muíños existe, un muíño de cubo característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga que, procedente da gavada, vén a se almacenar no cubo, un depósito vertical conformado polo mesmo tipo de pedra que o edificio, que adopta forma de funil cilíndrico ou troncocónico.

A entrada da auga no cubo faise, neste caso, por riba do nivel do tellado (noutras ocasións dende puntos menos elevados), tal é a solución máis común nas terras de relevo abrupto e con escaso caudal dispoñíbel. Na parte inferior do cubo áchase unha peza especial de madeira ou granito, segundo o caso, onde se practica un burato que se abre e obtura desde o interior (o billote ou bofetón) que fará saír a auga coa forza necesaria para facer xirar o rodicio.

Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio

O inicio e final do roteiro sitúase na ponte medieval de Sampaio, de aí o seu sentido circular.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar