Volver

Mosteiro de San Salvador de Lérez

O mosteiro de San Salvador de Lérez foi fundado no século X polos monxes benedictinos. O templo actual é neoclásico con fachada barroca do século XVIII na que se ve a imaxe de San Bieito nunha fornela. Apegada ao muro sur mantense unha ala do claustro do século XVI.

Nalgúns dos perpiaños deste muro aínda se ven signos lapidarios e inscricións románicas da antiga construción.

O máis interesante do interior é a capela de San Bieito construída no ano 1700 na que pode observarse unha fermosa imaxe do Salvador. É costume pasar de xeonllos por baixo do altar do Santo.

Roteiro entre as rías de Vigo e Pontevedra

Os últimos quilómetros do sendeiro discorren pegados ao río, pasando polo vello balneario de Monte Porreiro e o mosteiro de Lérez.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar