Volver

Monte do Castro / O Picoto

Xacemento situado nas proximidades da vella antena de Radio Pontevedra. Na cimeira do xacemento localízase un vértice xeodésico. A explotación de canteiras e mineiras ten danado seriamente o xacemento ao longo de séculos.

Emprazamento atópase moi desfigurado por posibles explotacións mineiras no sur e este, e por canteiras máis modernas no norte e oeste. 

A croa está constituída por numerosos afloramentos graníticos con dúas gabias de dirección este-oeste e outra que desde esta, diríxese ao norte. Desde a croa cara o sur descéndese a un esporón ou aterrazamento no que se abriu unha gabia dirección este-oeste. 

A ladeira este amósase totalmente alterada por un grande socavón que chega a escavar a rocha. O entullo orixinado acumúlase configurando un pequeno esporón que cae sobre a planicie que rodea o emprazamento. Na ladeira oeste, como na norte, atópase explotada por canteira recente.

Intervisibilidade co castro de Maunzo ao norte-noreste e Casteliño ao norte-noroeste. Recolléronse restos de cerámica indíxena e tégula depositados no Museo de Pontevedra.

Lastra Merino (1988) opina que «máis que un emprazamento tipo castro, podería tratarse dunha antiga explotación de recursos primarios». Sen desbotar o carácter mineiro do xacemento, poderíase estar diante dun asentamento castrexo sen ningunha dúbida, tal e como evidencian os restos de cerámica aos que se alude, así como dun muíño naviforme atopado por Carlos Morgade.

O Padre Sarmiento denunciara a actividade dos cavadores do castro de Mourente xa no século XVIII.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Roteiro entre as rías de Vigo e Pontevedra

Os últimos quilómetros do sendeiro discorren pegados ao río, pasando polo vello balneario de Monte Porreiro e o mosteiro de Lérez.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar