Volver

Monte do Castro / Castro do Sixto

Emprazamento de grandes dimensións, constituído por un recinto central superior que se prolonga polo norte e noreste, con pequeno penedo central. No noreste descende escalonada a dous pequenos aterrazamentos e un terceiro máis amplo, retidos por muros de pedra nalgún caso de grande tamaño; a partir de aquí cae en pronunciada pendente cara o río Ulló.

Cara o norte presenta un segundo recinto, retido por un terraplén e muro, desde onde cae nunha sucesión de pequenas plataformas. Dada a configuración desta ladeira pola que se fai na actualidade o acceso, puidera corresponderse coa entrada orixinal do castro.

No alto do castro atopanse dúas pías, posiblemente morteiros, labradas en pedra.

Atopáronse fragmentos de tella plana (tégulas e ímbrices) así como cerámica indíxena, sen que conste o lugar de depósito.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar