Volver

Monte do Castro / Castro de Xeve

Xacemento localizado nunha ladeira con caída ao oeste, asomando ao val do río Fontáns, nun contorno de prado, viña e millo (bancais con cultivos). Camiño que ocupa un posible foxo en dirección norte-noreste; extracción de pedra e cultivos.

Recinto de pequenas dimensións de forma ovalada cuxo eixo maior ten dirección noreste-suroeste. Circundado por un foxo que na actualidade é ocupado por un camiño presentando nesta ladeira unha acusada pendente.

Presenta un posible aterrazamento na parte noroeste alterado por aterrazamento. Nun destes muros, na ladeira oeste, obsérvase unha estrutura alintelada que abre un oco no muro, cuxo fondo está tapiado con pedra de pequeno tamaño.

Na parte superior do recinto existen pequenos afloramentos graníticos que se acentúan ao suroeste. Polo oeste flúe o río Fontáns.

Aquí foron atopados fragmentos de ánfora, muíño circular, fragmento de bronce, froito unha prospección en terras de labor, que foron depositados no Museo de Pontevedra.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar