Volver

Monte do Castro / Castro de O Gabián

Emprazamento dun único recinto superior ao que se podería anexionar ao suroeste unha pequena plataforma con grande número de afloramentos graníticos. Cara o sur deste recinto constitúese nunha pequena explanada onde se observan pedras que posiblemente conformen algún tipo de estrutura, no oeste continúa e queda claramente delimitado por un muro no que se observan pedras de tamaño grande. Non se observan sistemas defensivos.

As súas ladeiras caen en suaves pendentes escolonadas, agas ao oeste que é algo máis pronunciada, caendo cara o río Cortés. Na ladeira este a pendente interrómpese por un camiño que a circunda onde se observa algunha pedra traballada.

En toda a súa superficie son visibles pequenos afloramentos graníticos nos que se atoparon marcas producidas pola extracción de pedra. No afloramento granítico situado ao norte sitúase un marco de límites e ao seu pé unha cruz gravada.

Atopáronse fragmentos de cerámica indíxena no transcurso dunha prospección realizada no ano 1988.

Roteiro do Encoro do Pontillón do Castro

Percorrido circular duns 5.400 m., de dificultade media, que ten como localidade de referencia O Gabián, localizada ao pé do Outeiro do Castro e próxima ao encoro do Pontillón do Castro.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar