Volver

Monte da Torre / Monte do Castro

Xacemento situado no cumio dun outeiro que sobresae lixeiramente do contorno. Aparece rodeado de pastizais e campos de cultivo, así como dunha urbanización extensiva de vivendas unifamiliares. Sobre o xacemento levantouse unha pequena área de descanso.

De planta ovalada, non se conservan muros nin parapetos. Tan só dúas terrazas que teñen unha diferenza de altitude entre elas de 2 m. A superior ten 60 x 80 metrps e a inferior 78 x 55 metros.

Pódense ver materiais romanos en superficie (tégulas, cerámica romana e medieval, así como un puidor). Nalgúns puntos do xacemento aprécianse probables aliñamentos pétreos de muros.

Presenta intervisibilidade cos castros de A Raxeira / Monte Senín (Mourente), e co castro de O Valo / O Lugar (Bora), así como os cumios que dominan a área do interfluvio entre o Lérez e o Almofrei.

Entre a principais alteracións citaremos que o cruza un tendido eléctrico. Ademais construiuse unha área de recreo, así como unha serie de muros de vedacións.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar