Volver

Mámoa Perdida

Trátase dunha mámoa dubidosa (mesmo podería tratarse dun lugar no que se plantou unha árbore) de pequenas dimensións situada no lado norte dunha portela que se conforma na cimeira dun pequeno monte.

Todo o contono atópase dedicado a bosque de repoboación, o que ten afectado tamén ao túmulo. Na actualidade presenta 10 metros de diámetro e 60 cm de altura e parece revolto por labores forestais.

O cono de violación é inapreciable; probablemente se atope colmatado polos remexidos provocados polos traballos forestais.

É probable que nas inmediacións haxa outros túmulos pero a espesa vexetación que cubre a zona impediu visualizar máis.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar