Volver

Mámoa nº 2 do Outeiro Redondo

Posible mámoa situada nunha pequena chan no alto do monte do Outeiro Redondo. Presenta un cono de violación en posición central, de grande dimensións.

Estrutura tumular de planta aproximadamente circular. Mide 18 metros no eixe norte-sur e 17 metros no este-oeste. Hai algunhas pedras soltas en superficie que puideran pertencer á coiraza, pero non se aprecian ortostatos ou restos dunha cámara megalítica. A súa altura aproximada é de 1,5 m.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar