Volver

Mámoa nº 2 de Monterilla

O túmulo foi destruído, segundo resulta da prospección levada a cabo no transcurso das obras do gasoduto en 1998. Naquela altura podíase advertir que este túmulo tiña a súa masa tumular moi alterada por remocións.

Polo sur do túmulo pasaba un muro de pedra e polo este parte da masa tumular un muro de pedra levantada. Actualmente atópase destruído por obras de acondicionamento do polígono industrial. Tiña un diámetro de 18 metros e unha altura de 1,30 metros. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar