Volver

Mámoa nº 1 do Outeiro Redondo

Xacemento situado nunha penichaira inclinada suavemente ao norte. A mámoa presenta un cono de violación central de 1 m de diámetro e 30 cm de fondura aparentemente moi colmatado. Posúe coiraza de pedra. A parte norte é a menos elevada.

Sobre o túmulo e o seu contorno inmediato vén de realizarse unha plantación recente de frondosas.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar