Volver

Mámoa do Monte Lourado

Xacemento localizado nunha penichaira de ladeira con caída ao oeste repoboada con piñeiro.

Presenta violación central. Varios piñeiros caídos levantaron a pedra da súa coiraza.

Ten 12 metros de diámetro no eixo norte-sur e este-oeste. A altura do seu túmulo é duns 80 cm, presentando arrasamento na parte sur.

Obsérvanse pedras que corresponden á súa coiraza e que quedan ao descuberto na zona dos piñeiros caídos.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar