Volver

Mámoa do Catadoiro / Chan da Lagoa II

Presenta un valeirado central que alterou a cámara megalítica. Hai eucaliptos de mediano tamaño no túmulo. A masa tumular está arrasada polo lado este e tamén se observan algunhas tobeiras de animais.

O túmulo atópase moi achandado e actualmente parcialmente cuberto de vexetación, polo que é difícil definir o cono de violación. Presenta restos de cámara, da cal soamente se observan dous ortostatos de granito. Un con 85 cm de ancho e 20 cm de grosor, fincado verticalmente sobresae uns 30 cm. O outro, ao parecer movido, ten un ancho de 200 cm e grosor de 21 cm. Visible 50 cm.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar