Mámoa de Román / O Cruceiro
Presenta violación central e socavóns de árbores. Foi cortada pola estrada no sector oeste, zona pola que pasa un muro de propiedades.
Mámoa de 20 metros no eixo norte-sur e 11,5 no este-oeste cunha altura aprox de 1,5. A violación central presenta un diámetro de 4,9 m (norte-sur) e unha profundidade de 1,2 metros e está cortada pola estrada no oeste, por onde pasa un muro de peche da finca perpendeicular ao que se observa no seu lado norte.
Esta mámoa ubícase na divisoria dos concellos de Vilaboa e Pontevedra, segundo algúns planos. Noutros está claramente dentro de Pontevedra.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio
Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.
Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!
Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.