Volver

Mámoa de Monte Barburiña I

O conxunto aparece conformado por unha mámoa e un túmulo tan alterado que no podemos precisar se é prehistórico.

Mámoa de pequenas dimensións: 11 metros de diámetro e 50 cm de altura. No seu lado sur presenta unha floración da rocha sobre a que se apoia a masa tumular. O túmulo aparece moi alterado pola plantación de piñeiros. Así non se observa cono de violación, probablemente fora colmatado polas labores forestais.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar