Volver

Mámoa de Louredo

Xacemento de dubidosa filiación prehistórica situado nun balcón sobre divisoria de augas nun contorno de prado. Trátase dun pequeno túmulo de difícil percepción pola sua escasa entidade.

Cunhas dimensións diametrais de 17,5 metros en senso este-oeste e 17 metros no norte-sur, o crater de violación é apenas perceptible. Ten un diámetro de 6,20 e unha altura media de 50 cm; non se aprecian cámara nin coiraza. O substrato xeolóxico do contorno é de esquisto.

Foi destruída polo exército (BRILAT) entre os anos 2009 e 2010 por mor das obras do campo de adestramento coñecido como "aldea afgana".

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar