Volver

Mámoa de As Chans I

Xacemento localizado a 200 metros sobre o nivel do mar. Trátase dunha mámoa moi alterada pola pista de motocross, agás pola parte norte onde se observa algo a súa violación central con posible presenza de algún ortostato. No resto do túmulo e por uso da pista, obsérvanse restos da súa coiraza. Violación central. A pista de motocross pasa por riba dela, en sentido este-oeste. 

Esta mámoa estaba intacta en decembro de 1986 segundo García-Lastra Merino, pero en novembro de 1988, cando se redacta a ficha, xa era ocupada en grande parte pola pista de motocross.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar