Volver

Mámoa da Chan da Raña I

Xacemento localizado nunha penichaira lixeiramente inclinada ao sur. Trátase dunha mámoa de pequenas dimensións con cráter de violación central e altura de 1 metro. 

Túmulo escavado polo arqueólogo J. Manuel Rey en 1994. Os traballos permitiron rexistrar distintas pezas do enxoval funerario, destacando varias puntas de frecha de seixo de fermosa factura, hoxe depositadas no Museo Provincial de Pontevedra.

Na actualidade aínda son visibles as cuadrículas e perfís da escavación realizada: unha cata de 3 metros (norte-sur) x 2 metros (este-oeste) x 1 metro de fondura, unida con outra de 2 metros (norte-sur) x 8 metros (este-oeste) x 1 metro de fondura.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar