Volver

Mámoa da Chan da Lagoa II

Xacemento localizado nunha suave pendente ao sur, nunha zona chan do paso natural. Presenta violación central de 2,5 metros de diámetro x 0,30 metros de profundidade. Danos producidos pola plantación de árbores.

A mámoa, de medianas proporcións, forma parte dunha necrópole formada ademais por outra mámoa situada uns 300 metros ao noreste coñecida co nome de Chan da Lagoa. Pouco apreciable no contorno, conta cunha violación central que descubre seis posibles ortostatos baixo a súa colmatación. Hai restos de coiraza moi dispersos no seu lado oeste.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar