Volver

Mámoa da Chan da Lagoa I

Mámoa con violación central sita no Monte Comunal. As súas dimensións son as que seguen: norte-sur: 11,10 m; este-oeste: 11,50 m; altura: 0,50 m. Presenta un cono de violación cun diámetro de 2,50 m; profundidade 0,30 m.

Emprazado no flanco noreste de Sete Camiños (Chan da Lagoa) a uns 40 m da liña divisoria con Marín, dentro do municipio limítrofe con Pontevedra. Forma parte, xunto a unha segunda mámoa ubicada uns 300 m ao noreste da necrópole da Chan da Lagoa.

Túmulo de medianas proporcións, pouco apreciable no contorno e cunha violación central que descubre seis posibles ortostatos baixo a súa colmatación. Restos de coiraza, moi dispersos, no seu lado oeste.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar