Volver

Liceo Casino

Reconstruído despois dun nefasto incendio en 1980, está situado no centro histórico da cidade.

Inicialmente foi construído (xunto co Teatro Principal) no solar da antiga igrexa de San Bartolomeu o Vello, destruída en 1842.

Ao seu carón, hai algúns edificios interesantes, como a Casa das Campás na rúa de Don Filiberto, datábel a finais do século XV, e que conserva a súa fachada principal.

Camiños do Padre Sarmiento: A Boa Vila

Roteiro que nos leva dende a casa familiar de Sarmiento ata o Museo de Pontevedra percorrendo o centro histórico da cidade.

Roteiro Xoan Manuel Pintos

O paseo que se propón pola Pontevedra do século XIX farase a través dos textos de Xoán Manuel Pintos e comprende dez puntos significativos co obxectivo de presentar a figura deste persoeiro, pero tamén facer un repaso polos acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX.

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar