Volver

Instituto Valle Inclán

O edificio que hoxe ocupa o IES Valle Inclán foi inaugurado para albergar o Instituto Provincial de Segunda Enseñanza pola Súa Maxestade El Rei Don Alfonso XIII a finais do mes de setembro de 1927.

A súa construción iniciouse en 1904, e 23 anos máis tarde foille entregada a obra ao seu director Don Ramón Sobrino Buhigas. A última planta do edificio é un engadido posterior ao edificio orixinal de 1927.

Desde a súa inauguración ata o presente sempre albergou ao único instituto da cidade primeiro, e desde o ano 1963 ao instituto feminino, con un período de tempo excepcional, 1936-1940, no que se utilizou a segunda planta como Hospital de Sangue.

No ano 1975 acométense reformas para adaptalo edificio ao BUP seguindo un proxecto do arquitecto pontevedrés César Portela Fernández-Jardón. E no 1978 o Valle Inclán deixa de ser un centro feminino e convértese en mixto, por acordo do claustro.

A súa decoración (almofadado, peitoril de coroación, altorrelevos...) pertence ao nouveau style ou modernismo onde os muros de carga de pedra serven de apoio a forxados de viguetas de ferro que suxeitan bovediñas in situ de tixolo macizo. 

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar