Volver

Illa de Medal / Insuíña

«Pequeniña, pero miña». Así definía o pintor ponteareán Antonio Medal a coñecida como Insuíña, unha pequena illa situada na marxe dereita da desembocadura do río Verdugo.

Posúe unha extensión de 3.810 metros cadrados que serven de soporte unha serie de bens etnográficos de grande valor: un pombal, un hórreo, bancos de pedra, ponte levadiza e un cenador no que a mesa foi deseñada polo propio Medal, á sazón, director artístico da desparecida fábrica de cerámica Pontesa.

O recinto está rodeado por un muro de pedra ameado rodeado perimetralmente por un camiño. A illa, recentemente recuperada para uso cidadán pola administración, é un extraordinario miradoiro sobre o río Verdugo, a ría de Vigo, o Monte da Peneda ou a ponte medieval de Ponte Sampaio.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.

Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio

O inicio e final do roteiro sitúase na ponte medieval de Sampaio, de aí o seu sentido circular.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar