Volver

Igrexa Parroquial de Santo André

Esta igrexa de pequenas dimensión construída no século XVIII foi reformada no XX. Consta dunha única nave rectangular, cunha cabeceira da mesma forma pero inferiores dimensións. No exterior os muros da nave e cabeceira perderon as súas cornixas. A sancristía, apegada ao muro norte da cabeceira, conserva porén a súa cornixa en gola.

Engadíronselle á nave dous contrafortes de formigón por lado, co obxecto de servir de soporte aos empuxes da cuberta moderna, tipo bóveda, con que se cobre. Ten abertas dúas grandes ventás en arco de medio punto por lado, modernas. A fachada occidental é simple, con porta adintelada lisa sen decoración. A espadaña é moderna de dous vans. No ápice da cuberta da cabeceira hai unha bonita cruz potenzada, inscrita nun círculo. Outra cruz tamén potenzada sitúase no ápice da nave.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar