Volver

Igrexa Parroquial de Santa Mariña

Está edificado en estilo barroco, salvo a súa fachada occidental que é neoclásica, de principios do XIX. A planta ten forma de cruz latina, coa súa cabeceira máis baixa que o resto do templo. A súa fachada occidental está formada por dúas pilastras de esquina, lisas, apoiadas nun pequeno pedestal que percorre esta fachada, e que sosteñen un hastial triangular, quebrado no seu terzo central para dar paso a unha alta espadaña. A espadaña é de dobre corpo, o corpo baixo de dous vans rematados en arcos de medio punto e dous pináculos aos lados, e o corpo alto dun só van. 

A porta é rectangular, cun recercado simple, liso. Sobre a porta ábrese unha fornela con recercados simples, en arco de medio punto; no seu interior un anxo coas alas despregadas. Encima da fornela vai unha ventá rectangular. A cornixa en todo o edificio está moldurada en talón, filete e nacela inferior corrida de apoio. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar