Volver

Igrexa parroquial de Santa María

Edificio construído no ano 1757. É unha soa nave rectangular cuberta con bóveda de canón de cachotería, e unha cabeceira máis estreita e máis alta que a nave con similar cuberta. No lado norte leva a sancristía apegada con entrada polo presbiterio. A cornixa en todo o edificio é de listel e gran nacela.

A fachada occidental é sinxela, soamente hai unha porta rectangular adintelada con orelleiras superiores e inferiores, molduradas en listel e gola derribada. Sobre a porta ábrese unha ventá cuadrangular con recercado liso sinxelo.

O hastial ten a súa cornixa moldurada en caveto e cuarto de bocel. No ápice hai unha cruz sobre un cordeiro, do século XVIII. Ao norte da fachada occidental levántase unha torre moi alta, de tres corpos.

Posúe dous reloxos de sol e un Agnus Dei románico situado no testeiro da fachada.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar