Volver

Igrexa Parroquial de Santa María

A fachada da igrexa de Mourente quizais supoña a obra do século XIX máis importante realizada no concello de Pontevedra.

En xeral todas as fachadas das igrexas neoclásicas galegas son moi semellantes a esta de Mourente.
Dúas pilastras a cada lado da porta, con baseas de perfil ático, toro, escocia, toro e capiteis en filete, cuarto de bocel, filete, tramo liso e fino bocel sosteñen un entaboamento liso que serve de apoio a un frontón triangular, moldurado en cuarto de bocel con filetes e gutae e dous floróns a cada lado en vez de pináculos.

No centro e nun plano retirado elévase a torre-campanario de dous corpos, o inferior, de planta cuadrangular é liso, o superior ten unha balconada clásica nos seus catro ventos e catro vans entre pilastras lisas de medio punto, que serven de campanario; encima un corpo octogonal cego, a caixa de resonancia, que se remata cun cupulín pétreo nervado con pináculo no ápice.

A porta é rectangular con recercado simple e sobre ela unha fornela sen cúpula, que debeu conter á Virxe pero que pola súa postura cos brazos levantados parece máis ben san Caetano.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar