Volver

Igrexa parroquial de San Vicente

Edificio do século XII con diversas reconstrucións posteriores que fan que non teña un estilo definido. Tanto no seu interior como no seu exterior poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. O templo está situado nun cotarelo desde o que se divisa unha espléndida panorámica do río Lérez.

Segundo Fontoira Surís, o muro testeiro da ábsida da primitiva igrexa románica de Cerponzóns consérvase enteiramente, coa súa fiestra en saeteira tapiada.

Tamén se conserva parte do muro norte, un canzorro en proa de barco, o do arrinque do testeiro da ábsida pode verse desde o exterior.

No interior da sancristía, no teito, consérvase parte da cornixa, coa moldura en perfil achafranado e tres canzorros de proa de barco.

No interior da nave consérvase tamén, aínda que tapiada, unha ventá, da que a súa resposta exterior dinos que é saeteira, con derrame interno.

Polo tipo de canzorros deducimos que se tratou dunha igrexa de moi a finais do século XII.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar