Igrexa parroquial de San Pedro
Templo de planta rectangular e presbiterio máis elevado que a nave. O edificio, construído en opus quadratum, presenta na súa fachada unha porta de acceso baixo arco de medio punto rematada en altura por unha espadana de dobre oco coroada por óculo e pináculos.
De deseño severo, a sobriedade do edificio, reedificado entre os séculos XVII-XVIII sobre un templo medieval, non ocultou na súa fachada norte un arco cego de medio punto situado á par dunha porta de acceso lateral.
Presenta tamén un epígrafe latino - reutilizado e colocado ao revés - na parede sur.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio
Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.
Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!
Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.