Volver

Igrexa de San Francisco

Construída case na súa totalidade no século XIV, esta igrexa conventual dos franciscanos é unha obra mestra da arte das ordes mendicantes que chegaron á cidade na época do seu primeiro esplendor.

Foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. No seu interior, hai que destacar, no cruceiro e á esquerda do altar maior, a sepultura de Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, así como a de dous matrimonios de familias nobres, que se cre son de finais do século XIII ou principios do século XIV.

Tamén cómpre mencionar a imaxe do Nazareno (talla do século XIX) e as pinturas murais situadas na parte lateral esquerda pertencentes aos séculos XVI e XVIII.

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar