Volver

Igrexa de San Bieito de Lérez

Do antigo mosteiro románico nada queda en San Bieito, a non ser os perpiaños románicos reutilizados na construción da nova igrexa, e unha antiga inscrición fundacional que pertence ao século X. A totalidade do edificio foi reconstruído no Renacemento; deste periodo é o lado do claustro que se conserva, máis tarde reformado no Barroco.

A fachada occidental da igrexa, a última obra realizada é do ano 1748, tal como consta nunha inscrición. Componse de dúas grandes torres cuadrangulares rematadas con casquetes cónicos; corpo central con gran porta de orelleiras, rematado por un fronton quebrado con pináculos e no centro o escudo de España.

No interior, a bóveda é de canón corrido, sobre arcos faixóns apoiados nos muros e iniciadas por unha grande imposta de perfil composto. O interior ten dúas capelas, o baptisterio e a capela de San Bieito, ambas do XVIII. 

Roteiro entre as rías de Vigo e Pontevedra

Os últimos quilómetros do sendeiro discorren pegados ao río, pasando polo vello balneario de Monte Porreiro e o mosteiro de Lérez.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar