Volver

Igrexa de San Bartolomeu

Edificada entre 1696 e 1714, esta igrexa xesuíta de estilo barroco segue as pautas estilísticas triunfantes en Roma nese momento. No seu interior atesoura un extraordinario conxunto de retablos e esculturas, atribuídas a artistas da envergadura de Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo ou Bieito Silveira, entre outros das escolas compostelá e castelá.

Cómpre destacar a imaxe da Virxe do O, patroa da cidade, así como a imaxe da Magdalena. O edificio contiguo, coñecido como Edificio Sarmiento, era a sede do Colexio da Compañía de Xesús ata a súa expulsión no 1767; na actualidade pertence ao Museo de Pontevedra. Son notabeis nel o claustro e, sobre todo, a grandiosa escaleira de 1722.

Camiños do Padre Sarmiento: A Boa Vila

Roteiro que nos leva dende a casa familiar de Sarmiento ata o Museo de Pontevedra percorrendo o centro histórico da cidade.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Roteiro Xoan Manuel Pintos

O paseo que se propón pola Pontevedra do século XIX farase a través dos textos de Xoán Manuel Pintos e comprende dez puntos significativos co obxectivo de presentar a figura deste persoeiro, pero tamén facer un repaso polos acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar