Volver

Igrexa da Nosa Señora dos Praceres

A igrexa parroquial de Santo André de Lourizán é de estilo neogótico, obra dos dous irmáns Sesmero.
Soamente ten unha nave de grandes dimensións, con dúas capelas laterais preto da cabeceira.
A nave posúe tres tramos cubertos con bóvedas de crucería, tramos de planta rectangular separados por arcos faixóns de medio punto, que repousan en columnas de núcleo rectangular con tres pequenas columnas apegadas nos tres lados exentos do núcleo, con capiteis altos dunha orde de follas e baseas de dobre plinto achanzado en escocia moi aberta.

Accédese ás capelas laterais por medio de arcos apuntados soportados por columnas únicas con baseas e capiteis coma os descritos.

A cabeceira ten planta semidecagonal cuberta con bóveda nervada que, partindo todos os nervios da clave do arco triunfal, divídese en seis nervios que repousan en columnas encostadas nos ángulos con baseas e capiteis iguais ás precedentes.

Aos pés do templo, no chan, figura a seguinte inscrición: Año de 1888.

O templo está asentado con orientación contraria, a fachada principal da ao leste.
Na capela da esquerda, no lado sur, sitúase a tumba de Montero Ríos presidida por un sacro corazón de mármore de factura inmellorable. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar