Volver

Hospitaliño dos Gafos

Destaca a presenza dun patín pechado elevado sustentado por pilastras de sección cuadrangular. Desde época medieval este edificio foi testemuño das diferentes epidimias que sufriu a cidade ata inicios do século XX.

As casas que quedan en pé no estuario do río Gafos son sen dúbida de orixe medieval. Non se pode precisar a época exacta da súa construción, pois sufriron moitas modificacións ao longo dos seculos e trátase ademais de construcións moi elementais, sen motivos decorativos.

Consérvase un conxunto antigo de sete casas, todas ao redor do antigo hospital dos gafos que é obxecto desta ficha.

Roteiro das Moureiras

Pontevedra foi durante o século XVI a poboación máis rica e populosa e Galicia, o que lle debe á enerxía dos poboadores das Moureiras, que fixeron da pesca a súa principal industria.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar