Volver

Granxa do Cura

A Casa Reitoral de Tomeza, tamén coñecida como Granxa do Cura, é un conxunto de tres volumes edificatorios que só se coñecen parcialmente. O portalón de acceso á finca é, sen dúbida, unha peza valiosa de planta rectangular aberta ao oeste, sendo levantada utilizando dous tipos de paramentos (opus vittatum nos laterais e opus quadratum na fachada).

O seu deseño sitúa un grande oco alintelado coroado por un beiril en forma de filete ou listel que destaca lixeiramente en planta, aparentando sustentarse sobre pilastras angulares. Remata o conxunto unha cruz latina sen figuración.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar