Volver

Granxa de Boullosa

A Granxa de Boullosa - tamén coñecida como Pazo de Miradores - é un edificio de planta irregular con escudo e porta recercada de casetóns na fachada.

Conta cunha solaina posterior con tellado sobre columnas, quedando esta planta con baixo e dous andares, rematado con muro ameado. Outra dependencia rectangular inclúe a capela; ten hórreo, pombal e paneira. O longo balcón posterior foi cerrado cunha galería.

O pazo é barroco aínda que sufriu algunhas reformas no século XIX e no XX. O corpo principal do pazo é rectangular, rematado cara ao norte e cara ás fermosas vistas por unha gran balconada sobre columnas, hoxe transformada en galería.

Son moi interesantes as edificacións completarias do pazo coma a capela, ou as dedicadas primitivamente a servizos agrícolas situadas nun longo patio de entrada. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar