Volver

Edificio Sarmiento

O edificio Sarmiento, construído entre 1685 e 1714, foi en orixe a sede do Colexio da Compañía de Xesús. Dende o ano 1981 é un dos inmobles que compoñen o Museo de Pontevedra. 

Na actualidade, acabado de rehabilitar, exhíbense nas súas salas de exposición permanente e no propio claustro os fondos arqueolóxicos da Prehistoria e a AntigÌidade, a arte galega medieval ata o século XIII, as coleccións de louza de Sargadelos, cerámica de Pontecesures e unha selección dos alfares nacionais máis representativos: Manises, Paterna, Sevilla, Toledo e Talavera, así como o legado Sánchez Mesas - Fernández de Tejada de arte contemporánea e asiático-oriental.

Camiños do Padre Sarmiento: A Boa Vila

Roteiro que nos leva dende a casa familiar de Sarmiento ata o Museo de Pontevedra percorrendo o centro histórico da cidade.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Roteiro Xoan Manuel Pintos

O paseo que se propón pola Pontevedra do século XIX farase a través dos textos de Xoán Manuel Pintos e comprende dez puntos significativos co obxectivo de presentar a figura deste persoeiro, pero tamén facer un repaso polos acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar