Volver

Edificio na rúa Michelena, 30

Este edificio comezou sendo vivenda do marqués de Riestra e da súa familia. Posteriormente foi oficina do Banco Pastor, acolleu as instalacións de Unión-Fenosa e tamén foi sede provincial da Unión del Centro Democrático (UCD).

Máis recentemente foi delegación provincial de Agricultura e de Economía e Facenda da Xunta de Galicia. Na actualidade acolle as oficinas do Concello de Pontevedra.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar