Volver

Edificio do Goberno Militar

Construído para edificio escolar a mediados do século XIX polo arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero, o Goberno Militar está composto de planta baixa e un andar, construción sinxela de vans con recercados planos rematados en arcos rebaixados.

A entrada principal ten unha balconada pétrea sostida por dúas columnas de fustes monolíticos, basas en toro con plinto alto e capiteis de orde toscana que sosteñen un entaboamento liso.

Edificio lineal de tres corpos, o central está máis elevado e máis decorado que os laterais.

Foi utilizado provisionalmente como hospital no período comprendido entre o derribo do hospital de San Xoán de Deus e a construción do novo hospital, que se iniciou no ano 1804. A primeira fase do hospital rematouse en 1896.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar