Volver

Edificio de Vivendas na rúa Riestra, 2

A obra orixinal de Emilio Salgado Urtiaga de 1935, (aínda que Baldellou atribúe a súa autoría a Emilio Quiroga) supón un dos mellores exemplos de arquitectura racionalista na capital; reformado o proxecto inicial ó pasar de tres a catro plantas, atopouse xa o inicio con algúns problemas na estrutura, chegando as mans de Mauro Lomba con graves deficiencias na cuberta e no armazón de madeira.

Coas premisas de manter a fachada, a escaleira e o mesmo programa dunha vivenda por planta, unha vivenda por propietario, a intervención tratou de responder a necesidade de encaixar os novos servizos transformando ademais o faiado en estudos e todo elo respectando ó máximo a concepción orixinal.

O igual que lle sucedera a Emilio Salgado, un dos principais problemas da obra, foi a resolución da estrutura; neste caso, á complexidade da súa substitución ai que engadir un problema máis, pois a existencia dunha farmacia na planta baixa, impediu atravesar a mesma, obrigando a utilizar como único apoio ós muros de carga perimetrais o que obrigou a salvar luces de cerca dos catorce metros.

En canto ó tratamento da fachada, continuando co respecto comentado, limítase a renovación da orixinal con certos matices en canto o tratamento cromático e con especial coidado no tratamento dos ocos (a carpintería orixinal xa fora substituída e non se tratou de recuperar ou imitar), nos que se levan as carpinterías ó interior para que a súa presenza fose a mínima.

Máis difícil sería a resolución da nova planta onde se sitúan os estudos, que a pesar de recuarse con respecto á liña de fachada, logrando reducir así a súa visión dende a rúa, o seu tratamento similar ó do resto  coa grande cornixa de remate fai que se poida pensar no mesmo coma parte do orixinal.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar