Volver

Edificio de Vivendas en J. Bautista Andrade, 21

Vivenda construída entre medianeiras que presenta planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas. Levantada en opus quadratum, os entrepanos do piso elevado foron orixinariamente recebados e pintados.

A fachada presenta unha secuencia de ocos (portas e xanelas no andar comercial e portasdaire balconadas no residencial) ben dimensionados e ritmados.

Destacan as carpintarías de madeira e as varandas de fundición que protexen os balcóns voados do piso superior.

Os números 21 e 23 comparten unha coherencia tipolóxica e volumétrica.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar