Volver
Edificio de Facenda
O convento de San Francisco está unido á Igrexa e forma ángulo coa Praza da Ferraría. Ten uns 100 metros de largo, por 30 de ancho e 24 de alto. Rematouse de reconstruir no ano 1800.
No século XIX, o Estado instalou nel varias dependencias oficiais, das que só queda a Delegación de Facenda. Unha parte traseira correspondeu aos frailes.
Pola súa situación estratéxica, o Convento serviu de refuxio e fortaleza repetidas veces ao longo da súa historia.

Roteiro Castelao
Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.
Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!
Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.